Lorca e as Flores de Venus


Lorca e as flores de Venus, o espectáculo teatral, é unha realización de El producións Artisticas, coa sinatura da autora Marga do Val (gañadora do Premio da Critica Española 2011, na modalidade de poesía, concedido pola AECL- Asociacion Española de Criticos Literários), producida por Leandro Costa, con cancións orixinais de María Graña, é a segunda obra da Triloxía sobre a saga do masculino, do director e protagonista Eisenhower Moreno, que tamén firma adaptación e estructuración teatral da obra. 
Lorca e as Flores de Venus é unha homenaxe desta equipe de artistas, aos 75 anos de morte do home, poeta e mito... Federico Garcia Lorca... Unha referencia histórica e poética mundialmente coñecida non sómante pola obra literaria, teatral e musical, como tamén súa vida que tanto inquieta polas controversias e pola propia inquietude, que o seu fin apresurado no sorprende. Un berro para reflexionar sobre a condición artística e poética de unha época que vivía unha problemática que aínda hoxe fai parte da nosa realidade: A homofobia, o racismo, o vida durante a II República Española, o golpe de estado contra a II República, a represión durante a ditadura franquista. Un mergullo nas obras de Lorca e nas investigacións sobre a súa vida para convocar o autor, revolucionario e o home.

No espectáculo Eisenhower Moreno é Lorca e as súas personaxes literarias e todas as personaxes que o acompañan na súa vida. Un proxecto arriscado, no que obríganos a trasladar o pasado ao presente, un espectáculo de hoxe. A aposta en escena, ten o obxectivo de explorar as moitas vertentes do lúdico, apoiase totalmente nas posibilidades de interpretación corporal, vocal e emocional do actor. Poucos aderezos e poucos obxectos de decorado dan espacio para que a historia gañe vida de forma áxil e cinematográfica, onde o teatro e a música se mesturan para crear unha atmosfera íntima